Pola mañá, visitáronnos os nenos do San Roque . Viñeron para coñecer o que será o seu centro educativo a partires do vindeiro ano académico . Compartiron o tempo cos nenos de 1º:
- xogaron de maneira conxunta
- visitaron os espazos do cole e do patio
- merendaron
- na aula de Música escoitaron e viron a interpretación dun romance , ...entre outras actividades.
ÁLBUM DE FOTOS
Xa pola tarde , a Biblioteca acolleu o acto de despedida do alumnado de 6º .
- As mestras titoras dedicáronlle unhas palabras aos nenos
- Tamén o alumnado tivo palabras de agradecemento para a comunidade educativa.
- Entregáronse as orlas , xunto cun libriño recompilatorio do que foi a súa despedida no Colexio.
- Visionaron unha presentación de fotos que percorría , moi a grandes rasgos, distintos momentos e cursos do que foi o seu paso por este colexio.
Pica na foto para ver ÁLBUM