jueves, 19 de diciembre de 2013

LECTO-TÓMBOLA de NADAL

Está preparada a lectotómbola de 5º para intercambiar mañá agasallos en forma de libro e envoltos en doces recomendacións.

martes, 17 de diciembre de 2013

Nadal 2013

Feito polo alumnado de 6º

Actividades fin de trimestre

A nosa programación de actividades de remate de trimestre é moi ampla e variada . Hai actividades para desenvolver con todos os grupos e en distintos espazos . Entre outras cousas :
A II carreira de San Silvestre
Visita de Papá Nóel en carroza
Cantos de Nadal
Bocadillo de pan con chocolate , para rememorar o vello espíritu de saber compartir unha merenda sinxela entre xogos e alegrías .
Manifesto de Nadal ( polo aluumnado de 6º)
Lectotómbola na biblioteca , no que o alumnado de 5º intercambiará libros .
Todo esto e máis ...; por suposto os dous edificios ambientados cun montón de traballos plásticos, postais de Nadal , belenes , os Reis Magos colocados na fachada.
A todo@s desexamos unhas felices vacacións .

viernes, 13 de diciembre de 2013

Nadal de premio

Todas as aulas tiveron un premiado /a e houbo extraordinarios por nivel .

GRANDES ARTISTAS BAIXO A MIRADA DOS NEN@S

Grandes artistas vistos polos nen@s on PhotoPeach



Durante este trimestre , seguindo a proposta da biblioteca, as distintas aulas traballaron sobre a pintura e os pintores universais de todos os tempos . Cada aula elexiu unha figura para profundizar na súa obra . Despois , recrearon de maneira plástica dous cadros do autor / a elexido. Traballouse tamén a biografía . Faremos un álbum con todos os traballos . De momento , están expostos no corredor da biblioteca , xunto cun retrato de cada pintor /a para ir familiarizando ao alumnado coa arte ; nesta ocasión na súa manifestación pictórica.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

GUÍA DE LECTURAS

I campaña de sensibilización do coidado do patio


O alumnado de 5º e 6º , despois de participar nun obradoiro de Sogama sobre separar, reutilizar e reciclar, elaboraron presentacións para levar a cabo unha campaña de sensibilización entre os máis pequenos , explicándolles a importancia do coidado do noso entorno inmediato . o patio.
Cada aula fixo a presentación de forma diferente , pero todos utilizaron as imaxes recollidas do propio patio e da realidade inmediata . Elaboraron textos para acompañar ás imaxes e recibiron na aula a visita dos nen@s do 1º ciclo para compartir esta experiencia.

martes, 12 de noviembre de 2013

Moito arte por mirar

Para ir saboreando arte neste trimestre xa visitamos a olería de Bonxe . Os alumn@s comentaron esta actividade , da que recollemos unha mostra.

lunes, 28 de octubre de 2013

TRABALLOS AGRÍCOLAS DE OUTONO



Inmersos nun proxecto de coidado do corpo e do medio - consumo responsable , estamos a traballar neste outono a recollida de distintos froitos e a súa transformación para o consumo .




miércoles, 16 de octubre de 2013

Punto de lectura - unha alternativa no recreo

Xa está funcionando o punto de lectura aproveitando este cálido outono . Este mes Os bolechas axúdannos a descubrir a natureza .

jueves, 26 de septiembre de 2013

As mochilas viaxeiras


Xa están as mochilas cargadas, con novos materiais e algún dos de sempre . Disfrutade con elas. A biblioteca abre as súas portas para que marchen cara as vosas casas .
Podedes ver o seu contido .

miércoles, 5 de junio de 2013

AS FROITAS NA ESCOLA

Unha creación propia dos nen@s de 3º , incluida dentro do proxecto de alimentación saudable

lunes, 3 de junio de 2013

Producións das aulas - Poetizando


Unha mostra das producións que van chegando desde as aulas , despois de traballar a poesía .

miércoles, 29 de mayo de 2013

As letras galegas

O mes das letras celébrase no noso cole . Nun acto organizado por Dinamización Lingüística participan case tod@s os alumn@s do colexio . Lévase a cabo en dúas xornadas , en horario extraescolar e no incomparable marco do Teatro Pastor Díaz . Teremos música, teatro e poesía.
Tamén desde a biblioteca se engadiu unha proposta para as aulas. Traballouse ao autor homenaxeado , por medio de varias presentacións , e logo fixéronse pegatinas coa caricatura do mesmo . Os cursos do 3º ciclo achegaron ao resto de compañeiros o traballo elaborado , agasallándoos cunha pegatina conmemorativa.

Agravios comparativos

Colaboramos no Proxecto común sobre alimentación e hábitos saudables .Nas aulas de 3º ciclo , despois de buscar información ,analizala e organizala ; os alumn@s elaboraron unha presentación de maneira individual na aula . Unha vez rematada , dous deses alumn@s, de forma voluntaria , transmitiron a informacióin aos compañeiros de niveis máis baixos.
Unha maneira de aprender e compartir saberes , transformándose en modelos próximos de boas prácticas.

lunes, 27 de mayo de 2013

La niña baldada

Seguimos inmersos nesta primavera de poemas . E continuamos traballando romances . Esta vez os alumn@s de 6º ilustran " En los palacios del Rey " para ler con kamishibai. Tamén o recitan e o cantan na aula de Música.

jueves, 23 de mayo de 2013

Letras Galegas

Desde o equipo de Biblioteca propúxose ao alumnado do 3º ciclo :
elaborar unha pegatina conmemorativa de Roberto Vidal Bolaño . Con elas van agasallar ao resto dos cursos do Colexio : 3º, 4º, 1º e 2º .
Cada un diseñou un modelo diferente , despois escolléronse algúns que foron os que finalmente se prepararon para imprimir .

miércoles, 22 de mayo de 2013

Los milagros de San Antonio



Rematamos así o taballo sobre este romance .
Actividades arredor do texto
Ilustracións para kamishibai
Lectura
Interpretación con voces e instrumentos .
Unidade didáctica para o programa - contrato

GUÍA DE LECTURAS VERÁN

lemos con kamishibai


Un romance ilustrado para ler e traballar con kamishibai

Romance


Continuamos traballando cos romances neste trimestre de poesía . Esta é unha proposta elaborada para traballar no contrato - programa .

martes, 14 de mayo de 2013

Unha primavera de poemas

Onte foi inaugurada a exposición conxunta Unha primavera de poemas .A sala do concello encheuse de motivos primaverais : papaventos , bolboretas, flores, macetas , paxaros ,... pero , o máis importante é que tamén houbo nenos.
Eles son os verdadeiros protagonistas das bibliotecas . Aquí aparecen imaxes dalgúns dos seus traballos , as súas voces recitando poesía, ás veces acompañados por instrumentos musicais.  E moita primavera , dentro e fóra do cole.



viernes, 10 de mayo de 2013

ROMANCE DE DON SANCHO



Durante toda esta primavera estamos a traballar a poesía e as diversas manifestacións poéticas . Enlazando cun proxecto de Alimentación saudable , fixemos o Camiño de Santiago e traballamos romances encadrados nesta temática e outros da época medieval , aínda que diferente temática.
Traballamos en colaboración coa área de Música , por eso se interpretou algún , axudados tamén de títeres.

viernes, 26 de abril de 2013

Poetizando



Neste trimestre , dedicado á poesía , elaborouse un pequeno resumo de xogos poéticos para traballar nas aulas e recolleranse as producións que resulten .

martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Entre os actos programados para festexar este día , fixemos hoxe na biblioteca a presentación deste fermoso libro de M . Rajal que conta en forma de cómic a historia de Viveiro. Foron os rapaces do terceiro ciclo os que recibiron hoxe este fermoso agasallo e para falar sobre el contamos co mestre e cronista oficial Carlos Nuevo . O libro foi donado ao centro por D. Antonio Grandío . Unha magnífica  celebración !

jueves, 18 de abril de 2013

AGRADECEMENTO

Desde este blog da biblioteca expresamos o noso agradecemento a D. Antonio Grandío Dopico polo agasallo que nos mandou , nada menos que moitísimos exemplares da HISTORIA DE VIVEIRO  en cómic, da autoría de M. Rajal
Como contamos no cole co autor do prólogo , Carlos Nuevo, el será o encargado de presentar a obra aos escolares . É unha marabilla contar con persoas xenerosas , preocupadas pola cultura e amantes da súa terra.


jueves, 11 de abril de 2013

Visítanos Anxo Moure



Enlazando coa recente celebración do DÍA da árbore e a auga , visitounos Anxo . Chegou transformado nunha árbore e, con especial sensibilidade, tratou de convencer aos nen@s do primeiro ciclo da importancia que teñen as árbores, o seu coidado , os beneficios,.. Unha marabilla ! moitas grazas.

jueves, 21 de marzo de 2013

Unha primavera de poemas - apadriña unha poesía





Coa chegada da Primavera os corredores enchéronse de bolboretas . Veñen cargadas de poemas que apadriñaron moit@s dos nen@s do Colexio acompañados polas súas familias . Unha vez máis demostraron ter unha enorme creatividade , poñendo esforzo e ilusión na consecución desta actividade que facemos xunto con outros moitos coles de A Mariña . Moitas grazas pola entusiasta colaboración .Nesta presentación vedes unha mostra pequena dos moitos traballos.

jueves, 14 de marzo de 2013

Semana da árbore e a auga



Temos preparada a semana da árbore e a auga . Para o mércores , día 20 , contamos coa colaboración do Servizo de Recursos Forestais que terán unha xuntanza cos nen@s do 2º ciclo para facer unha charla / proxección de " Recursos Naturais " .Agasallan tamén a todos os alumn@s cun libriño precioso que leva por título " Aventura na Mariña " e fai un percorrido descritivo pola nosa nosa comarca , desde Ribadeo a O Vicedo. Tamén a biblioteca recibe un exemplar do mesmo e outo de " O home do lume " .
Por outra banda , contamos tamén coa colaboración da Deputación de Lugo . Neste caso agasallan aos nen@s cun total de 312 libros : " Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares " , Tamén mandaron unhas interesantísimas guías didácticas para o traballo de aula , unha árbore e un cartaz.
Como non podía ser doutra maneira ,faremos unha simbólica plantación e desde as titorías están chegando un montón de pequenos carteis ( con lema e debuxo ) alusivos ao coidado do Planeta en xeral e ao aforro da auga en particular. Faremos unha pequena publicación con todos e gardarémola , como sempre, na biblioteca. Todo o Colexio está xa coa actividade. Moitas grazas.
Mirade estas fotos anunciadoras.

martes, 26 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA

A semana pasada , traballamos sobre Rosalía . As aulas ABALAR fixeron gravacións , recitados e outros traballos con poemas desta autora . A todas as titorías lles chegou unha selección de textos de CANTARES GALLEGOS para a HORA DE LER e un marcapáxinas para colorear e recortar nesta conmemoración. Como remate desta actividade o luns tocoulle a Rosalía presidir o noso punto de lectura no patio . Estivo presente a través dun mural grande e algunhas das súas obras que estaban expostas no mostrador de lecturas . Todos os nen@s do cole foron invitados a vir no recreo a ler ou recitar un poema en voz alta . De maneira totalmente voluntaria achegáronse moitos e algúns/ as profes . Estamos montando unha mostra - recompilación deses traballos que axiña mostraremos.

miércoles, 20 de febrero de 2013



A TROPA DE TRAPO
Estiveron co alumnado do 2º ciclo nunha xornada de animación á lectura que resultou preciosa .

martes, 19 de febrero de 2013

Día de Rosalía


Nesta semana e , con motivo da celebración do día de Rosalía , adicamos a HORA DE LER á súa obra e este ano, en especial, a Cantares Gallegos .
Como actividade conxunta faremos unha lectura en voz alta desta escolma poética o día 25 e agasallamos a todos os paticipantes cun marcapáxinas que eles mesmos pintarán e recortarán .

martes, 5 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ 2013



Textos recompilados pola biblioteca e que formaron parte das lecturas do día 30 de xaneiro na celebración conxunta de toda a comunidade educativa . Tamén houbo música, danza e colocouse un gran mural na parede do pavillón .