Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ


Os traballos de aula , previos ao acto final ,foron recompilados nesta publicación que se vai distribuír entre o alumnado



Inclúe unha páxina a favor da inclusión , na que nenos e nenas de 6º tratan de reproducir unha mensaxe a favor da paz con lingua de signos e pictogramas .
Neste día da Paz , o lema elexido e arredor do que xiraron  as nosas actividades foi :

" Mulleres pola Paz " .
Ás trece horas , xuntámonos no patio: os escolares,os mestres e pais /nais . Coordinados da man de Rebeca, celebramos este día con diferentes actuacións : bailes, cantos, divulgación , a modo de reseña, de diferentes mulleres loitadoras que contribuíron ao cambio do mundo , entre elas mención especial tivo Malala pola súa defensa dos dereitos das nenas , lectura de poemas e contos por parte de varias nais , ...

E, como remate, un enorme grupo de escolares, mestres, mestras , pais e nais bailaron xuntos " O vira do Minho" , que foi interpretado polos nenos e nenas de 6º .




E para ver outras fotos AQUÍ

REMATE DO ACTO

O vira do Minho from manuelmusica on Vimeo.


Nas aulas estívose a traballar esta temática de paz durante todo o mes e o traballo vaise recompilar nunha publicación que se gardará na Biblioteca como en cursos anteriores .




miércoles, 25 de enero de 2017

Día da Paz



Caderno de actividades :




Hoxe toda a comunidade educativa xuntouse no patio para celebrar O día da Paz . Neste curso tivemos como lema "Un tren de Paz" . Os nenos e nenas dos diferentes niveis participaron cantando, contando , bailando , ... e tamén unha nai leu un bonito poema . Para rematar formamos entre todos un longo tren arredor da nosa escola , coa esperanza de que viaxe sempre acompañado da TOLERANCIA.
O mural e o lema deste ano forma xa parte da parede do pavillón que loce colores e mosaicos que recollen mensaxes de Paz , formando unha artística exposición coa que pretendemos ir facendo un Colexio máis acolledor.







E os nenos e nenas de cuarto convídannos a subir no tren da paz


viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ 2016





Hoxe , durante a mañá , celebramos O día da Paz . Por quinto ano consecutivo , o noso acto xira arredor da mellora do noso patio de recreo . Seguimos cos murais xigantes no pavillón . O lema elexido neste curso foi : " Un mar de Paz" . Todas as titorías participaron nunha celebración conxunta na que houbo contos, poemas , cancións e danzas . Para rematar, formamos un mar humano con nenos e nenas, pais e nais e mestres e mestras. Fixémolo sobre a pista vermella , ao mesmo tempo que soaba " Acuarela" de Toquinho e se soltaron unhas pombas.
Os traballos realizados en aula para a posta en común na celebración conxunta foron recollidos nun libro artesanalmente elaborado e que contén : álbum de fotos libro de sinaturas pola Paz libro recompilatorio de cancións, poemas, contos, ilustracións, etc...

martes, 24 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

O próximo luns imos celebrar O día da PAZ .Hai varias actividades programadas polos distintos mestres e equipos : 

  • Un libro dixital , no que cada aula aporta traballos de diversa índole ( murais, poemas , contos , ilustracións ... ) 
  • Un mural dixital
  • Un marcapáxinas
  • .Un acto conxunto no exterior do Colexio , para colocar dúas pombas de madeira que se alzarán pola parede do pavillón e quedarán como símbolo permanente das mensaxes de paz que os nenos /as transmitirán a través das súas lecturas de poemas , frases , contos e , para rematar todos cantaremos Let it be , recordando aos Beatles. Esta é a temática do noso marcapáxinas.