miércoles, 21 de diciembre de 2016

CABALGATA NA RÚA E NADAL NO COLE

Hoxe viñeron os Reis Magos , fomos a buscalos ao pavillón polideportivo e desde alí acompañámolos en cabalgata ata o Colexio . Todo o aumnado de 1º,2º,5º e 6º participou neste desfile que contou con música , interpretada por alumnos e mestres , xogos populares, cariocas, cintas, moitos pastores, labregos e outros personaxes típicos desta época . O resto de nenos de 3º e 4º esperaron a súa chegada no Colexio e recibíronos con panxoliñas , danzas e , como en calquera festividade, tamén se deu lectura ao pregón , a cargo do alumnado de 6º .
Rematados os actos, os Reis fixeron entrega a cada neno dun bocadillo e do calendario feito no centro . Tamén houbo tempo para a conversación e facer entrega dunha multitude de cartas portadoras de ilusións e bos desexos.
Rematamos así este primeiro trimestre do curso , á espera dun ano novo cheo de vida e bos momentos.


E como repuxemos enerxía ao remate de todo !




martes, 20 de diciembre de 2016

Presentación do noso calendario na Biblioteca

Esta tarde tivo lugar na Biblioteca a presentación do noso calendario para pais/nais e mestres.
Se pinchas na foto , poderás ver o álbum

lunes, 19 de diciembre de 2016

O APALPADOR

Hoxe os nenos e nenas de Primeiro recibiron unha visita moi especial , a do Apalpador , ese personaxe característico que chega polo Nadal . Veu da man de residentes e traballadores de Geriatros , aos que agradecemos a súa achega á escola.



viernes, 16 de diciembre de 2016

PREGÓN DE NADAL




Ás portas das vacacións estamos esperando a chegada dos Reis en cabalgata o próximo 21 . Namentres ,os nenos de 6º temos preparado o pregón co que queremos abrir estas datas especiais desexando a nosa comunidade educativa un Bo Nadal .

jueves, 15 de diciembre de 2016

No mercadiño solidario

Hoxe pola mañá un grupo de mestres e alumnos do noso Colexio visitaron a Residencia Geriatros onde se celebraba un mercadiño solidario para recaudar fondos para o banco de alimentos . Ademais de contribuir con algúns produtos elaborados polos propios alumnos , tamén fixeron animación no mercado con música e danzas tradicionais de Galicia.Literatura, arte ,creación, convivencia ,.. unha experiencia máis que axuda a medrar .

COMPARTINDO EXPERIENCIAS



Estes días andan os alumnos de 5º e 6º presentando o calendario do vindeiro 2017 ao resto de compañeiros do Colexio : 1º, 2º, 3º, e 4º . Foi un traballo que fixeron eles e agora téñeno que explicar aos nenos das outras aulas. Constitúe un exercicio moi completo de expresión oral . Ademais contribúe a crear vínculos afectivos entre todo o alumnado , pois fomenta a interacción entre grupos.


miércoles, 14 de diciembre de 2016

CALENDARIO 2017

O calendario para o vindeiro curso xa está preparado .Foi feito polo alumnado de 5º e 6º e chegará ás familias a través dos REIS MAGOS , que esperamos nos visiten o próximo día 21 . Agardamos que vos guste .


lunes, 12 de diciembre de 2016

Reciclaxe artística



Moitos dos nosos alumnos andan estes días a facer artísticas construcións e obxectos con material reciclado .
Cada quen busca o seu material e decide como transformalo e personalízalo .
Por outra banda , participamos no programa " Se separamos ben , reciclaremos mellor " . Aprendemos cousas novas e recordamos algunhas que xa sabíamos . É importante concienciarnos cada día da importancia do coidado do medio .

jueves, 8 de diciembre de 2016

No Día da constitución




  Os escolares de 3º e 4º recibiron hoxe a visita de  Jaime de Olano Vela. Foi unha sesión na que os nenos puideron descubrir como é o día a día dun diputado e achegarse tamén á Constitución .



jueves, 1 de diciembre de 2016

GUÍA DE LECTURAS PARA NADAL

A Biblioteca está cheíña de novidades . Disfrutade con elas e non esquezades pedir aos Reis un libro,  polo menos . Será un bo agasallo . Podedes botar unha ollada a esta guía que vos fai algunha suxerencia.