viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Celebramos hoxe,  nun acto conxunto no patio , o Día da Paz .
  Como remate de moitos traballos colocouse o mural xigante nas paredes do pavillón con figuras de madeira , recitáronse moitos textos alusivos aos distintos temas que conlevaba o lema deste curso  
Todo pola Paz e rematamos formando tod@s un  símbolo de Paz , mentres soaba  a canción LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ .


 

jueves, 30 de enero de 2014

Recopilatorio de lecturas e debuxos do Día da Paz 2014

Trátase dun recopilatorio de ilustracións e lecturas , algunhas inventadas e outras recollidas de distintos autor@s.

viernes, 24 de enero de 2014

PAZ 2014

Todo preparado para unha bonita celebración :

-Construiremos un mural xigante , que dará continuidade ao de curso anteriores , cubrindo de color e símboloxía os muros do pavillón.
- O lema deste curso é " TODO POLA PAZ " . Un dos símbolos da paz formarase a través de moitos dibuxos feitos en madeira e coloreados polos diferentes grupos de alumn@s .
- Cada titoría elexiu unha temática próxima ao entorno escolar , pintou os debuxos alusivos e elexiu textos arredor da mesma .
- Os textos ( en prosa e verso ) lense e recítanse o 30 de xaneiro nun acto conxunto de todo o colexio .
- Ao mesmo tempo que se fan as lecturas ,os alumn@s aportan as figuras que se irán colocando sobre o muro e formando a composición .
- Para rematar, escoitando " Los niños queremos la paz" , iremos formando entre todos o mesmo símbolo sobre a pista vermella.
As temáticas elexidas foron :
1A O mar
1B As estrelas e o Sol
1 C A casa
2 A Os xoguetes
2 B A música
3 A Os animais
3 B Os nen@s
4A O amor
4B A escola
4 C Os alimentos
5A Os libros
5 B As árbores
6 A As novas tecnoloxías
6 B A auga
6 C As flores

jueves, 23 de enero de 2014

Díptico da Paz


Desde a biblioteca elaborouse esta proposta coa que se introducen os traballos do Día da Paz 2014

jueves, 9 de enero de 2014

Agasalla con libros

Unha actividade na que os nen@s de 5º agasallan e recomendan libros aos compañeiros .
Cada un abre o seu agasallo e le a recomendación que lle fixo o/a compañeiro /a .
As imaxes mostran a ilusión coa que sacan o nº da bota , recollen o seu paquete e len a recomendación .
LECTO - TÓMBOLA on PhotoPeach

miércoles, 8 de enero de 2014

Festival de Nadal


Despois de recibir a Papá Nöel con panxoliñas , os nenos e nenas de 5º dramatizaron o romance " El conde Flores" . Acompañáronse polo coro que puxo voz e instrumentos e fixérono sobre un pequeno escenario medieval.
Ao mesmo tempo pasábase unha proxección sobre as paredes do vestíbulo coa letra do romance ilustrado por moitos nenos e nenas do terceiro ciclo.