jueves, 28 de febrero de 2019

8 de MARZO - A MULLER TRABALLADORA



Moitos dos libros da nosa Biblioteca teñen como protagonistas as mulleres ; despois de ler o libro 10 niñas que se hicieron grandes, fixemos un resumo , a modo de presentación , para darvolo a coñecer . Se queredes saber máis , pasade pola biblioteca .




Tamén fixemos unha proposta de traballo na aula , que tivo unha excelente acollida e xa está exposta , xunto cunha selección de lecturas :

Cada alumno/a buscou , dentro do seu entorno máis inmediato , unha muller ( mamá, avoa, madriña, tía,...) que pola súa dedicación, carácter,méritos, sexa un exemplo a seguir para el / ela .
Fixo unha breve descrición dela , expoñendo o motivo da elección .
Ademais , nas aulas ABALAR, fixéronse carteis conmemorativos



jueves, 21 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA



PARA COÑECELA UN POUCO MÁIS :

http://www.crtvg.es:8011/infantil/programas/os-bolechas/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro

As nosas actividades foron:

- Creación de murais que reflexaron unha Rosalía de plena actualidade ,relacionando versos da escritora coas novas de inxustizas sociais que aparecen nos xornais do século XXI .
- Apadriñamento lector : os nenos e nenas de 6º encargáronse de difundir a biografía de Rosalía , que foi preparada e lida a través do kamishibai .
- Vídeo explicativo do traballo das diferentes aulas .








martes, 19 de febrero de 2019

Preparando o Entroido

Nas portas do Entroido 2019 , todo o Colexio está preparando esta festa . Como o Proxecto neste curso vai de cantigas , o alumnado dos diferentes niveis está a preparar a súa interpretación e a súa vestimenta . O alumnado de 6º , que vai ir de cantares de cegos , preparan a súa interpretación musical.



Romance de don Sancho - CEP LOIS TOBÍO from manuelmusica on Vimeo.

viernes, 15 de febrero de 2019

Celebración con amor



Onte , con motivo do Día de San Valentín , os nenos e nenas de 2º traballaron con diversos poemas e inundaron o patio de colorido. Foi unha invitación ao amor en xeral, a papá, mamá, aos amigos e amigas,...; explicándolle aos nenos e nenas que a poesía transmite sentimentos e pode converterse nun fermoso agasallo. O traballo organizouse así:
- Dentro do globo ía o nome dun neno ou nena da clase
- Unha rima ou poesía breve, de temática de amor ou amizade
-Cada quen escolleu o seu globo e saímos a estoupalo
-De volta nas aulas, escribimos o poema dentro dun corazón e entregámosllo ao compañeiro/a que nos tocou.




jueves, 14 de febrero de 2019

Premios cómic 2019

O concurso de cómic no presente curso "Transforma unha cantiga nun texto para banda deseñada "chegou ao fin coa entrega de agasallos na Biblioteca do centro . Foron moitos os participantes e bos os traballos presentados ; polo tanto Noraboa! e... a continuar . Podedes ler algunhas das vosas composicións e ver as fotos dos agasallados .