Seleccións temáticas
viernes, 29 de enero de 2016
DÍA DA PAZ 2016
Hoxe , durante a mañá , celebramos O día da Paz . Por quinto ano consecutivo , o noso acto xira arredor da mellora do noso patio de recreo . Seguimos cos murais xigantes no pavillón . O lema elexido neste curso foi : " Un mar de Paz" . Todas as titorías participaron nunha celebración conxunta na que houbo contos, poemas , cancións e danzas . Para rematar, formamos un mar humano con nenos e nenas, pais e nais e mestres e mestras. Fixémolo sobre a pista vermella , ao mesmo tempo que soaba " Acuarela" de Toquinho e se soltaron unhas pombas.
Os traballos realizados en aula para a posta en común na celebración conxunta foron recollidos nun libro artesanalmente elaborado e que contén : álbum de fotos libro de sinaturas pola Paz libro recompilatorio de cancións, poemas, contos, ilustracións, etc...
lunes, 25 de enero de 2016
CIENCIA NA BIBLIOTECA
Durante o primeiro trimestre , a Biblioteca e tamén o EDL promoveu entre as diferentes aulas que se levaran a cabo tres tipos de traballos , en relación coa ciencia :
a- un abecedario científico
b- inventos/descubrimentos/avances ... que marcaron un ANTES e un DESPOIS
c- curiosidades científicas para saber por que, cando, onde, como ...???
Empezamos a subir algúns dos traballos que nos fostes entregando .
a- un abecedario científico
b- inventos/descubrimentos/avances ... que marcaron un ANTES e un DESPOIS
c- curiosidades científicas para saber por que, cando, onde, como ...???
Empezamos a subir algúns dos traballos que nos fostes entregando .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)