miércoles, 18 de marzo de 2015

Día da árbore e a auga

Coa chegada da primavera , celebramos o " Día da árbore e a auga " . Sempre é necesario recordar a importancia destes bens imprescindibles para a vida . No presente curso estamos a elaborar mensaxes dentro dunha gota de auga e outras relativas ás árbores . As mensaxes teñen diferentes tipoloxías textuais : poéticas, informativas, consellos, enigmas, adiviñas, e ademais ( neste ano adicado ás Matemáticas na Biblioteca) conteñen moitas Matemáticas .
Cos traballos , nos que participan as diferentes aulas do Colexio , formamos unha fraga sobre a que foron aparecendo grandes nubeiros que amenazan con descargar moita chuvia sobre o terreo .
Tamén , como agasallo da Diputación , os alumn@s recibirán mañá un libro . Co lote de exemplares enviados formouse unha xigante gota de auga que estivo presente durante toda a semana na entrada do edificio .

Estas imaxes resumen o traballo desta conmemoración

Formación de usuarios na rede

Hoxe , a Policía Nacional ofreceunos unha nova oportunidade de formarnos como usuarios na rede . Explicacións sobre os perigos que pode ter o uso indebido dela , fan que o alumnado sexa cada día un pouco más consciente do que se debe ou non facer. Agradecemos moito esta colaboración . 

XOGOS POPULARES

A sétima edición dos Xogos populares está chegando . Xa están expostos na entrada do Colexio e xa forman parte dos recreos do noso patio . Todos e todas queren practicar porque hai que estar moi hábiles para poder disfrutar da xornada colectiva que está preparada para o vindeiro 27 de marzo . Como sempre, formaremos un circuíto que percorre o inmenso patio do que dispoñemos, e , acompañados de mestres e algúns pais /nais , iremos pasando polas estacións.
Para refrescar a memoria ou para que o alumnado de primeiro nivel se inicie nesta actividade , elaboramos este informe:


Por certo , cargadiños de Matemáticas moi lúdicas.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Animación á lectura para 1º ciclo

Hoxe os escolares do Primeiro ciclo disfrutaron dunha animación e dinamización lectora .
Despois de ler " Mi mejor amigo y el tesoro " e " El dragón y la mariposa " , hoxe xogaron e interactuaron a través desas lecturas , guiados da man de Leis. .

viernes, 6 de marzo de 2015

O coro e a poesía

A biografía de Luz Pozo Garza " Á procura da poesía " presentouse o pasado sábado en Viveiro nun entrañable acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro .
O coro do Colexio participou deste evento interpretando poemas, música popular e coa posta en escena dun romance ( música e dramatización ) .
Unha espléndida maneira de facer aos nen@s partícipes da cultura .

O xogo da froita

Nas aulas ABALAR ,fixemos un traballo interdisciplinar e lúdico : O xogo da froita fresca .
Para elaboralo , o alumnado , despois dun traballo de búsqueda documental , elaborou un libro de adiviñas sobre diferentes froitas e , coa axuda das tecnoloxía , a modo de " ROSCO" , os visitantes ( alumnos de 1º,2º,3º e 4º niveis ) descubren na pizarra dixital o resultado .
Ao remate do xogo , todos e todas levaron un puzzle de froitas ( que tamén fixeron nas aulas ABALAR ) para seguir traballando na aula e aprendendo das froitas.