En torno a Manuel María xira
a nosa exposición no presente curso , pois engarza perfectamente co
obxectivo de recuperar a memoria tradicional.
É un dos poetas que mellor
describe as tradicións do mundo rural galego, a nosa paisaxe , os
miragres da natureza , a importancia da Lingua.
Imos na busca de lectores que
interpreten e reinterpreten a obra de Manuel María , sentindo e
facéndonos sentir agradecemento a unha Terra que baña os nosos
sentidos , impregnándoos do salitre mariñeiro, do verdor das nosas
fragas, do canto do cuco, do frescor dos ríos e manantiais, ...
Agradecemento tamén a unha
Terra que progresa , que acolle, que ensina e que vive.