Seleccións temáticas
viernes, 18 de diciembre de 2015
FIN DO TRIMESTRE
Esta mañá remataron os actos de Nadal na escola , foron moitos e moi diversos :
exposición e concurso de postais e outros murais,
colocación dos beléns e dos reis magos nos dous edificios ,
IV San Silvestre , coa participación de pais/ nais , alumnos/as e mestres/as,
presentación do calendario da Historia de Viveiro ,
participación no mercadiño de Geriatros e , por último,
cabalgata de Papá Nöel
Hoxe, a cabalgata de Papá Nöel partiu dos xardíns Noriega Varela para chegar ao noso centro , a través da Ponte da Misericordia .Ademais da participación de toda a comunidade , contamos coa colaboración do Concello e da Policía municipal. Grazas a todos .
Na comitiva había carrilanas, músicos, malabaristas , zancos, cordas , cánticos ,...e ata un carriño , cargado de ilusións e transportado polos participantes máis pequenos .Pechando o desfile , apareceu Papá Nöel , montado sobre un burro ( facendo un guiño a unha especie en perigo de extinción ) . Unha parte do alumnado esperaba no Colexio para recibir a esta comitiva cantando panxoliñas e lendo o Pregón .
Despois, Papá Nóel tivo ocasión de falar cos nenos e nenas , agasallándoos cun bocadillo de chocolate e o noso calendario .