lunes, 3 de abril de 2017

Maruja Mallo - homenaxe



Rematado o puzzle que representa unha das obras pictóricas de M. Mallo colocouse na parede do pavillón nunha sesión na que participaron alumnos e mestres de diferentes grupos. Agora , durante a semana, vai ter lugar o roteiro cultural polo pobo para descubrir a casa onde naceu a pintora e outros lugares emblemáticos relacionados con ela. Imos estar guiados da man do mestre e cronista oficial Carlos Nuevo Cal.

jueves, 30 de marzo de 2017

Presentación do libro " El pescador de estrellas"

Onte pola tarde tivo lugar no Conservatorio de Música de Viveiro a presentación do libro " El pescador de estrellas " , da autoría de Domingo Del Prado . Trátase dun libro que ensina valores fundamentais na vida. O noso coro colaborou neste acto , facendo patente o feito de conectar escola e vida social.

miércoles, 29 de marzo de 2017

O coro no festival benéfico en Bravos



O noso coro participou o pasado venres nun festival benéfico , a favor do pobo saharaui ,xunto con outras formacións corais de adultos. O coro do Colexio é un espazo cultural de encontro e convivencia.

martes, 21 de marzo de 2017

Día do arte galego

Andamos preparando as actividades para conmemorar O Día das Artes Galegas , adicado este ano a Maruja Mallo .A proposta foi elaborada desde o equipo de Dinamización da mellora educativa e imos colaborar todos, mestres e nenos , na difusión desta figura artística, muller transgresora , anticipada no tempo, dinámica, revolucionaria , vangardista, ... e unha das figuras máis importantes da xeración do 27.

- Contamos cunha presentación audiovisual , que resume a súa vida e obra .
- Elaboramos un puzzle xigante , que recrea unha das súas obras. Pura xeometría , coa que andan os nenos a xogar nestes días , intentando facer encaixar os polígonos que dan forma ao traballo.
- Levaremos a cabo un roteiro artístico por Viveiro , guiados polo mestre e cronista oficial Carlos Nuevo Cal , que vai comezar no Colexio , diante do puzzle que se colocará nunha das paredes exteriores e continuará polo pobo , onde o alumnado vai descubrir a casa natal da pintora e outras construccións emblemáticas do momento.