Un mercado solidario lévase a cabo no centro Geriatros aquí en Viveiro . O noso Colexio colabora con esta magnífica iniciativa donando :
- produtos do noso horto : leitugas, remolacha, cebolas, aromáticas ,...
- libros de expurgo da biblioteca
- xoguetes tradicionais : pións e bailarotas
- calendarios escolares
- debuxos do alumnado
Ademais participa animando o mercado con grupos de música e danza . O alumnado de 6º interpreta varias pezas de música popular e algunhas panxoliñas e os nen@s de 2º fan tres danzas : muiñeira de Lugo, pandeirada de Rao e Vals do gaiteiro .
Seleccións temáticas
martes, 16 de diciembre de 2014
lunes, 15 de diciembre de 2014
CALENDARIO 2015
Nesta tarde de finais de trimestre, unha boa parte da comunidade educativa reuniuse na Biblioteca do centro , onde tivo lugar a presentación do calendario do vindeiro ano . O alumnado de 6º , coa colaboración de todo o profesorado , elaborou un calendario que percorre o curso do ano , enchendo os meses de contidos etnográficos e tradicionais . Foi un traballo documental que levaron a cabo aproveitando as actuais tecnoloxías da comunicación . Esta tarefa constitúe unha actividade integrada , que potencia de forma evidente o desenvolvemento de diferentes competencias , fundamentalmente a de aprender a aprender e a dixital . Os nen@s esta tarde fixeron ademais unha importante actividade de expresión e comunicación oral ; axudados dunha presentación foron explicando a composición e formato do calendario , introducindo interpretacións musicais e rematando cun pregón , no que se invita a celebrar en familia esta festa.
Escoitade o pregón :
viernes, 12 de diciembre de 2014
Entrega de premios
As actividades programadas para este Nadal seguen a desenvolverse día a día . A entrega de premios para os gañadores do concurso de postais deixou algunhas imaxes para o recordo . Todos están moi content@s co agasallo recibido , que , como non podía ser doutra maneira , consistiu nun libro.
jueves, 4 de diciembre de 2014
martes, 2 de diciembre de 2014
Moitas actividades polo Nadal
Entra o mes de Nadal e un amplo programa de actividades está preparado para celebrar este remate do primeiro trimestre . Desde a aula de Relixión xa está montada a exposición de postais e o concurso , no que resultaron premiados 21 alumn@s , un de cada aula e un premio extraordinario por nivel . Os agasallos ( xentileza da editorial Santillana ) son libros , un formidable material para empregar o tempo de ocio nas próximas vacacións . Noraboa por participar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)