Seleccións temáticas
martes, 23 de abril de 2019
SEMANA DO LIBRO 2019
Para celebrar a nosa semana do libro e a lectura preparamos un amplo programa de actividades coa participación dos nenos e nenas do todos os niveis:
- ENCONTROS NA BIBLIOTECA
- I FEIRA DO LIBRO : " dalle unha nova oportunidade"
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
A nosa primeira actividade foi o encontro co poeta Xoán Neira .
Con el as nenas e nenos de sexto fixeron un percorrido polos xogos poéticos: palíndromos, haikus, acrósticos, ...e achegáronse á creación poética, traballando a rima e o ritmo. Rematou este breve obradoiro facendo uns recitados dalgúns dos seus poemas e tamén participaron algúns alumnos e alumnas que foron convidados a ler en voz alta .
Se queres ver as IMAXES , clica
O segundo encontro na biblioteca tivo lugar con Brais Moure , quen, a través da súa sensibilidade e amor pola natureza, levou aos nenos e nenas ata a Galicia máxica de Antón Fraguas .
E para rematar esta semana de encontros na Biblioteca, estivo con nós Ledicia Costas , xuntouse para falar cos nenos e nenas de quinto e sexto de dúas das súas obras.
Tamén contamos coa colaboración de Belén , a nosa intérprete , paara facer accesibles os contidos da entrevista.