jueves, 21 de diciembre de 2017

CABALGATA DOS REIS MAGOS 2017

Chegamos ao remate deste primeiro trimestre e saímos en cabalgata para recibir aos Reis, que este ano foron transportados nun vehículo descapotable . No desfile contamos con carrilanas, xogos populares, cintas, cariocas, malabares , música , ... No patio esperaban os nenos de 3º e 4º que agasallaron ás súas maxestades con panxoliñas e danzas e , unha vez que remataron as actuacións , os nenos de 6º leron o pregón de Nadal .A continuación , sentados nos seus tronos, recibiron a todos os alumnos e alumnas do Colexio para escoitar os seus desexos , ver as cartas que escribiron e déronnos a todos un calendario e un bocadillo de chocolate. Podedes ver un momento do paso da cabalgata polo paseo marítimo :

Cabalgata 2017 from Bibliolois on Vimeo.

ÁLBUM FOTOS

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VISITA DO APALPADOR AOS NENOS E NENAS DE 1º

Esta mañá recibimos a visita dun grupo de persoas que conviven na Residencia Geriatros e viñeron presentar a figura do Apalpador e  contar un bonito conto " O Apalpador e a castaña máxica". Escoitaron moi atentos os nenos e nenas de 1º .






Presentación do calendario á comunidade



Nesta derradeira semana de trimestre, o Nadal escolar presenta unha frenética actividade dentro e fóra das aulas . O martes pola tarde, na Biblioteca, o alumnado de 5º e 6º fixo a presentación do calendario para toda a comunidade 






viernes, 15 de diciembre de 2017

Pregón de Nadal



Entrando xa na última semana escolar deste primeiro trimestre , as actividades propias desta época multiplícanse e para comezar está aquí o pregón do alumnado de 6º :

En Geriatros polo Nadal





Xeracións diferentes que se necesitan e se complementan. Coñecer o pasado para vivir o presente e mellorar o futuro .

Como sempre que nos convidan , participamos coa Residencia Geriatros nas súas actividades de Nadal :

- Actuación do coro con panxoliñas e cantos de Nadal
- Actuacións varias de distintos grupos de nenos e nenas tocando e bailando , acompañados por algúns mestres e mestras do centro .
- Aportación dalgún  produto para a venta solidaria  .







Pincha para ver álbum

CALENDARIO 2018


Traballo feito nas aulas ABALAR de 5º e 6º , coa colaboración do profesorado .

lunes, 11 de diciembre de 2017

Semana de presentación do noso calendario



Como actividade xa habitual no Colexio temos a que denominamos intercambio de experiencias entre alumnos maiores e pequenos. Hoxe deu comezo a semana de presentación do calendario . Xa que foi un traballo elaborado nas aulas ABALAR de 5º e 6º , son estes alumnos os que se encargan de presentalo ás diferentes aulas de 1º, 2º, 3º, e 4º .


Recomendacións lectoras para este Nadal











martes, 5 de diciembre de 2017

TARDE DE NADAL



 Nesta tarde-noite de tempo de Nadal inaugurouse en Viveiro o belén xigantesco nos arredores da igrexa de Santa María, cunha coidada recreación dun mercado e un pobo con ferreiro, pescador, canteiro, pastor, labrego,lavandeiras, ... , moitos dos oficios que neste curso aparecen no noso calendario .Está construído con figuras a tamaño natural.Todo un espectáculo para disfrutar. O coro do noso centro estivo presente no acto inaugural cantando panxoliñas .



viernes, 1 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Participamos na elaboración dos videos " Está ben ser diferentes " e " Está ben ter amigos diferentes . A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola de Cervo , en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica Mila Castro do CEE María Mariño e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves)....