lunes, 29 de abril de 2019

MÁIS ARTE E POESÍA



Hoxe os nenos e nenas do coro visitaron a Residencia Domus Vi . Alí interpretaron múltiples cancións, fixeron recitados e ademais estiveron acompañados por un grupo de nais que bailaron algunha das cancións.Tamén estivo Marivi ( nai dun alumno de sexto) coa súa voz prodixiosa cantando Lela con todos eles. É unha actuación solidaria, de convivencia interxeneracional e ademais que pon en valor as competencias literaria e artística , entre outras.



O vira do Miño from manuelmusica on Vimeo.



Lela from manuelmusica on Vimeo.



La Clara from manuelmusica on Vimeo.


martes, 23 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO 2019



https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/marcapaxinas2_web.jpg



Para celebrar a nosa semana do libro e a lectura preparamos un amplo programa de actividades coa participación dos nenos e nenas do todos os niveis:

- ENCONTROS NA BIBLIOTECA
- I FEIRA DO LIBRO : " dalle unha nova oportunidade"
- APADRIÑAMENTOS LECTORES

A nosa primeira actividade foi o encontro co poeta Xoán Neira .

Con el as nenas e nenos de sexto fixeron un percorrido polos xogos poéticos: palíndromos, haikus, acrósticos, ...e achegáronse á creación poética, traballando a rima e o ritmo. Rematou este breve obradoiro facendo uns recitados dalgúns dos seus poemas e tamén participaron algúns alumnos e alumnas que foron convidados a ler en voz alta .

Se queres ver as IMAXES , clica




O segundo encontro na biblioteca tivo lugar con Brais Moure , quen, a través da súa sensibilidade e amor pola natureza, levou aos nenos e nenas ata a Galicia máxica de Antón Fraguas .

E para rematar esta semana de encontros na Biblioteca, estivo con nós Ledicia Costas , xuntouse para falar cos nenos e nenas de quinto e sexto de dúas das súas obras.


Tamén contamos coa colaboración de Belén , a nosa intérprete , paara facer accesibles os contidos da entrevista.

viernes, 12 de abril de 2019

Día dos Xogos Populares - XI edición

É indiscutible a importancia do xogo como elemento educativo lúdico e como manual de convivencia . Trátase dunha actividade que posibilita a intervención educativa para conxugar unha aprendizaxe construtivo-creativa . Se ademais se trata de xogos populares , estamos afondando no coñecemento das nosas tradicións, das nosas raíces e , en definitiva , da nosa historia . De aí que xa temos como actividade instaurada a celebración do Día dos xogos populares, que vai xa pola XI edición . Deixamos aquí un ÁLBUM que recolle diferentes momentos do día e dos xogos . Pica para velo


E ademais sempre reivindicamos a importancia dunha alimentación saudable como complemento do xogo e o exercicio para conseguir unha mellor saúde; por iso compartimos , por grupos , un bocata saudable acompañado da necesaria bebida : auga .

viernes, 5 de abril de 2019

Poéticas diversas



Nesta primavera de poéticas diversas , o alumnado está a crear acrósticos con este lema .Xa temos o dos nenos e nenas de 2º B .