viernes, 14 de junio de 2019

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN



Proxecto correspondencia



Remata hoxe o" proxecto correspondencia", levado a cabo ao longo do curso polo alumnado de 3º de nivel do noso Colexio e o de Cedeira . Amizades que se fraguaron a través da escrita , nenos e nenas que estaban desexando xuntarse hoxe para poñer cara a unha relación establecida por carta . Unha iniciativa en prol da lectura, da escrita, pero tamén da convivencia.


GUAPA



Hoxe compartimos unha Hora de ler moi especial co alumnado de 2º A . Eles representaron unha obra de teatro , baseada nunha adaptación feita pola súa mestra , Rebeca, dun conto de igualdade e diversidade. " Guapa" . Con eles reflexionamos sobre o feito de querernos tal e como somos .

Abretumente






O alumnado de 5º do noso Colexio vén de acadar un primeiro premio no festival Cinedfest coa curtametraxe Abretumente . Un audiovisual moi inclusivo , baseado nas dificultades que aínda ás veces atopan as persoas con diversidade funcional.Por este merecido premio , onte recibiron unha calorosa homenaxe no noso Concello , onde foron aplaudidos e agasallados . Noraboa !

jueves, 6 de junio de 2019

Exposición A poesía que sentimos


A exposición conxunto da microrrede A Mariña toca ao seu fin . Un montón de colorido, divesas formas poéticas, que permiten empaparse da beleza dos sentimentos, as ideas, as paisaxes, a música ,...foi unha exposición fermosa e múltiple .

Pincha para ver ÁLBUM