lunes, 18 de junio de 2018

MERCADO ECOLÓXICO 2018

Cada curso, o mercado ecolóxico cobra vida no noso Centro e aparece como produto final dunha serie de tarefas e actividades que se levan a cabo ao longo do curso : traballos no horto, reciclaxe , alimentación saudable, coidado do medio e recreación da nosa tradición. O mercado desenvolve a súa actividade en diferentes postos que amosan produtos do horto, artesanía, milagres da natureza ( o mel , o pan , o aceite) , obradorios de maquillaxe, marcapáxinas, cociña caseira, o liño(desde o cultivo a súa transformación ). Unha chea de aprendizaxes na que os alumnos e alumnas desenvolven as competencias clave nun ambiente lúdico , no que ademais expresan a súa creatividade e expresión cultural interpretando , coa música e a danza, varias pezas tradicionais de Galicia.

viernes, 8 de junio de 2018

Pasapalabra cultural



Nun intercambio entre aulas diferentes do mesmo nivel , o alumnado hoxe puxo en práctica a súa competencia dixital, de expresión e comprensión, cívica e cultural . Elaboraron un "pasapalabra", de creación propia, e convidaron a resolvelo aos nenos e nenas da aula veciña . O seguinte día faremos a mesma actividade , na que os convidados pasan a ser anfitrións e viceversa.

Iniciando Robótica



Coa intención de introducir no vindeiro curso a Robótica nas nosas aulas , fixemos un curso de formación este ano e unha pequena iniciación preparatoria cos nenos e nenas neste último trimestre .



miércoles, 6 de junio de 2018

jueves, 31 de mayo de 2018

SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS



O mes das Letras remata coa semana cultural , na que toda a comunidade educativa se reuniu no Teatro Pastor Díaz para levar a cabo o festival das Letras , que se desenvolveu durante as tardes do pasado martes, mércores e xoves cunha chea de actividades para honrar a figura de María Victoria Moreno .

Día 22 de maio :

Muiñeira de Lugo -1º
Pandeirada-1º
teatro: " Todo é un conto " -5º
biografía de María Victoria Moreno-6º
Lectura de poemas-6º
Baile : muiñeira -6º
biografía e recitado de María Victoria Moreno


muiñeira do alumnado de 1º



pandeirada do alumnado de 1º



muiñeira de 6º

día 23 de maio :

conto recitado . " O cataventos "


teatro : " Ai, mamasiña,que medo!"
Poema de María Victoria Moreno en lingua de signos
Os maios




imaxes actividades varias :


Día 24 de maio , remate de actividades :
" A vella a fiar" ( un encadeado , dedicado á muller ) - alumnado de 1º
Regueifa : " E déixame subir "- alumnado de 3º
Biografía e poemas de María Victoria Moreno - alumnado de 3º
teatro : " A outra historia de Carrapuchiña" - alumnado de 5º ( esta obra remata cun rap inédito , que titulamos " A vella do bosque" )


A VELLA DO BOSQUE