jueves, 11 de mayo de 2017

Exposición colectiva "A Mariña con moita arte"



Hoxe tiveron lugar , na Praza Maior de Viveiro ,os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares de trece centros diferentes da nosa comarca e que están a formar parte da Microrrede A Mariña de bibliotecas escolares.

A xornada de hoxe puxo fin a unha semana de exposicións e outras actividades dinamizadoras.As diferentes artes estiveron presentes para dar forma e color a unha mostra de traballos escolares que fomentan o uso e pracer da lectura en familia , invitándonos a entrar nun mundo de soños sen límite , como escoitamos hoxe no discurso que pechou o acto .
Tamén as actividades dinamizadoras que se levaron a cabo amosaron moito arte , en forma de música . Así poidemos escoitar as voces dos máis pequechos na inauguración e dos maiores na clausura , facendo unha homenaxe a Maruja Mallo , á música popular , Bob Dylan e a Eduardo Pondal.
Contamos tamén co espectáculo do Brinca Vai no teatro Pastor Díaz .

Noraboa a todas as familias participantes e ás comunidades educativas en xeral .