martes, 10 de febrero de 2015

DÍA da PAZ 2015

Con bastante retraso , polas inclemencias deste inverno, hoxe celebramos o acto central desta festividade escolar.
Despois de traballar durante o mes de xaneiro en todas as titorías , baixo o lema de " Unha ponte pola PAZ" , reunímonos no patio , fronte ao muro do pavillón , para dar continuidade a un proxecto iniciado hai xa catro anos e que consiste en dar calor e color ao noso patio , colocando sobre os muros fermosos murais con imaxes e lemas de paz .
O mural vaise compoñendo a base de pequenas pezas que , elaboradas sobre chapa, se pintaron en distintas titorías do centro . Ao mesmo tempo , todo o alumnado reunido en torno a un escenario provisional , fai recitados, cancións , lecturas ou dramatizacións arredor da temática traballada previamente na aula.
Para rematar: profesorado, alumnado e familias constituímos unha ponte humana e fíxose unha solta de pombas que alzaron o voo portando mensaxes de paz , cantos de amizade , palabras agarimosas e moitos bicos .




Máis imaxes da celebración :

Diferentes momentos do acto ; desde o principio ata que , de maneira gradual , colocamos o mural " Unha ponte pola Paz"



Tamén podedes ver uns mini-videos con pequenos fragmentos da participación dalgunha titoría :

grupo de 2ºC from Bibliolois on Vimeo.


grupo de 2º B from Bibliolois on Vimeo.


grupo de 6ºB from Bibliolois on Vimeo.