jueves, 14 de marzo de 2013

Semana da árbore e a auga



Temos preparada a semana da árbore e a auga . Para o mércores , día 20 , contamos coa colaboración do Servizo de Recursos Forestais que terán unha xuntanza cos nen@s do 2º ciclo para facer unha charla / proxección de " Recursos Naturais " .Agasallan tamén a todos os alumn@s cun libriño precioso que leva por título " Aventura na Mariña " e fai un percorrido descritivo pola nosa nosa comarca , desde Ribadeo a O Vicedo. Tamén a biblioteca recibe un exemplar do mesmo e outo de " O home do lume " .
Por outra banda , contamos tamén coa colaboración da Deputación de Lugo . Neste caso agasallan aos nen@s cun total de 312 libros : " Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares " , Tamén mandaron unhas interesantísimas guías didácticas para o traballo de aula , unha árbore e un cartaz.
Como non podía ser doutra maneira ,faremos unha simbólica plantación e desde as titorías están chegando un montón de pequenos carteis ( con lema e debuxo ) alusivos ao coidado do Planeta en xeral e ao aforro da auga en particular. Faremos unha pequena publicación con todos e gardarémola , como sempre, na biblioteca. Todo o Colexio está xa coa actividade. Moitas grazas.
Mirade estas fotos anunciadoras.