lunes, 30 de mayo de 2016

APADRIÑAMENTO CORAL

O coro cada curso vaise renovando coa entrada dos nenos e nenas de terceiro e a saída dos de sexto. Hoxe visitaron a Residencia Betania e nela o alumnado de sexto e o resto de compoñentes actuaron como padriños e madriñas dos de segundo que pasarán no vindeiro curso a formar parte da agrupación . Por primeira vez este grupiño de pequerrechos xa subiron ao escenario para disfrutar interpretando composicións variadas que compartiron cos pais, familiares, amigos e os anciáns da Residencia.

miércoles, 25 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS

O festival das letras Galegas deu comezo onte pola tarde ; terá continuidade na tarde de hoxe e na de mañá . Participan todos os grupos do Colexio . Hai teatro, música,danza,recitados , biografía novelada, cantigas para sortear,saltar,xogar,..., adaptacións de obras do autor homenaxeado ("O bigote de Mimí" e " Aventuras dunha espiña chamada Berenguela" ) . Van quedando algunhas imaxes


A nosa intérprete, Nerea, fixo posible que as mensaxes chegaran a todas as persoas con discapacidade auditiva.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela


Xornada que pon fin a unha semana de cultura, de tradición , de lectura e de homenaxe ao poeta MANUEL MARÍA. É un dos poetas que mellor describe as tradicións do mundo rural galego, a nosa paisaxe , os milagres da natureza , a importancia da Lingua. Imos na busca de lectores que interpreten e reinterpreten a obra de Manuel María , sentindo e facéndonos sentir agradecemento a unha Terra que baña os nosos sentidos , impregnándoos do salitre mariñeiro, do verdor das nosas fragas, do canto do cuco, do frescor dos ríos e manantiais, ...Agradecemento tamén a unha Terra que progresa , que acolle, que ensina e que vive.

De seguido imos coa obra : “ Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela”

Berenguela é unha humilde espiña de toxo que se atopa coa arrogante folla de carballo e intenta xogar con ela no parque dunha pequena cidade. Pero...só atopa problemas . A solución chega da man do espíritu do monte que a devolve ao seu hábitat onde por fin se sente LIBRE.

viernes, 13 de mayo de 2016

Intercambio de experiencias entre aulas e niveis

O alumnado de 5º e 6º , despois de facer a etapa do camiño Norte Lourenzá- Mondoñedo, completaron unha presentación e convidaron aos alumnos de 3º e 4º para facer a exposición do visto e aprendido. Unha actividade de busca, expresión oral e comunicación moi interesante .