lunes, 11 de diciembre de 2017

Semana de presentación do noso calendario



Como actividade xa habitual no Colexio temos a que denominamos intercambio de experiencias entre alumnos maiores e pequenos. Hoxe deu comezo a semana de presentación do calendario . Xa que foi un traballo elaborado nas aulas ABALAR de 5º e 6º , son estes alumnos os que se encargan de presentalo ás diferentes aulas de 1º, 2º, 3º, e 4º .


Recomendacións lectoras para este Nadal











martes, 5 de diciembre de 2017

TARDE DE NADAL



 Nesta tarde-noite de tempo de Nadal inaugurouse en Viveiro o belén xigantesco nos arredores da igrexa de Santa María, cunha coidada recreación dun mercado e un pobo con ferreiro, pescador, canteiro, pastor, labrego,lavandeiras, ... , moitos dos oficios que neste curso aparecen no noso calendario .Está construído con figuras a tamaño natural.Todo un espectáculo para disfrutar. O coro do noso centro estivo presente no acto inaugural cantando panxoliñas .



viernes, 1 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Participamos na elaboración dos videos " Está ben ser diferentes " e " Está ben ter amigos diferentes . A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola de Cervo , en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica Mila Castro do CEE María Mariño e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves)....



viernes, 24 de noviembre de 2017

Día internacional contra a violencia de xénero



Como cada 25 de novembro , alzamos a voz para denunciar as condutas violentas, os abusos e as agresións de todo tipo . Albergamos a esperanza de que a educación logre garantir a igualdade de trato e combater a discriminación. As nosas actividades neste día foron :


MÚSICA POLA IGUALDADE 


 Xunto co EEI San Roque, centro de Infantil  adscrito ao noso, o coro interpretou  un concerto pola igualdade . Un feito que constitúe un verdadeiro apadriñamento musical, cheo de sensibilidade e afecto por parte duns nenos e nenas que maioritariamente pasaron a súa etapa de Infantil alí e hoxe visitan o Colexio con agarimo ; ao mesmo tempo os futuros alumnos /as van tomando contacto coa realidade de Primaria.
      


      
E xa de volta no Colexio , concentrámonos todos no pavillón portando murais, pancartas , lemas ,... para expresar o noso desexo de erradicar a violencia .


Se queres ver máis fotos PICA