Na vindeira semana faremos exposición colectiva dos 16 centros que compoñen a microrrede . Temos ademais un amplo programa de actuacións que acompañan e dinamizan o espazo expositivo .
Para rematar este mes das Letras imos celebrar a nosa Semana Cultural en tres tardes diferentes, os días 28,29 e 30 , entre as 18:00 e as 20:00h., con invitación a todas as familias do noso alumnado.
A programación a desenvolver é a seguinte
Todos os días en aproximadamente 10 minutos farase unha breve presentación do autor homenaxeado e despois a danza, o teatro, as cantigas, a música ,...serán protagonistas da nosa festa.
Iremos vendo vídeos e fotos das actuacións.
Desde épocas remotas celébrase en Viveiro a chegada da primavera , a festa que enche de color os campos . Trátase dunha tradición folclórica que consiste en construir diferentes figuras cubertas de verde e flores, elementos naturais arredor dos que se cantan coplas ou cancións irónicas, en ton humorístico.
No cole traballamos cos nenos e nenas de sexto nun pequeno obradoiro de cantigas , coplas e outros poemas e o produto final resultou ser esta canción :
O venres, 24 de maio,participaremos con varios grupos de alumnos/as nun acto colectivo na praza de Pastor Díaz , xunto con outros colexios. Despois , arredor das dúas da tarde, faremos no Colexio a nosa propia celebración , con maios feitos para a ocasión .
Moitas grazas a todas as familias por colaborar , como sempre, aportando materiais e vestimentas .
E chegou a celebración : Os maios na rúa e no Colexio. Pica para ver fotos
No presente curso a exposición conxunta da microrrede a Mariña leva por título :" A poesía que sentimos". Cada centro monta a súa propia exposición para os nenos/as e familias da súa comunidade e máis adiante , participaremos na macro exposición conxunta dos distintos Colexios.
No noso centro fixemos unha proposta de traballo diferente segundo o alumnado medra e vai cambiando de nivel ;co obxecto de favorecer unha exposición variada. Queremos que vexan como se percibe a poesía cos cinco sentidos ;
así as nenas e nenos de 1º e 2º van traballar sobre os poemas do gusto ;
os de terceiro, poemas do olfacto;
os de cuarto,e quinto poemas da vista e
os de sexto , os poemas do oído.
Entre as actuacións programadas para a celebración do Mes das Letras , o alumnado de 6º elaborou esta breve presentación sobre a vida do homenaxeado, Antonio Fraguas.Ao mes tempo fixeron unha semblanza dos/as homenaxeados/as nos últimos 10 anos .
Esta é unha colección de cartaces a favor do emprego da nosa Lingua e para divulgar a importancia de coñecer o noso cantigueiro , tal e como fixo o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2019.
Pouco a pouco imos facendo unha biblioteca máis creativa , coa incorporación de novas linguaxe e novos materiais . Aquí estamos experimentando coa Robótica . Pincha no enlace:
De novo chegou O Camiño de Santiago , unha cita coa natureza, as tradicións, a cultura, a convivencia, os monumentos,...xa van moitas . Este ano tocou camiñar de Melide a Ribadiso ; despois achegámonos a Santiago en bus . Participaron desta volta os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º , os mestres e mestras (13) e un nutrido grupo de pais/nais ( máis de 50) que nos acompañaron.
Este é un dos produtos finais dun proxecto de centro que ten como obxetivo xeral entender a necesidade de coidar a saúde , tanto a través da alimentación como do exercicio físico. Ademais o noso proxecto potencia a sensibilidade e admiración pola nosa terra , o noso patrimonio e as nosas tradicións .
Tamén polo mes das Letras , o noso coro visitou o Conservatorio ; nesta ocasión tamén os nenos e nenas estiveron acompañados por algunhas nais que fixeron danzas e unha que cantou . Unha magnífica colaboración , no intento cada día máis necesario de integrar a escola na Sociedade. O seu repertorio consta fundamentalmente de temas populares de Galicia , recordando ao estudoso do folclore e tradicións , homenaxeado neste ano , Antonio Fraguas.
Entrando xa na Semana das Letras Galegas , asistimos o pasado xoves ao teatro Pastor Díaz , convidados polo Concello, para achegarnos á figura homenaxeada este ano , Antonio Fraguas , e fixémolo da man de Charo Pita e Xoán Curiel.Un espectáculo marabilloso que xirou arredor dos relatos e cancións que Fraguas recolleu nas súas" Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade"
E chegaron os esperados apadriñamentos, como actividade final do mes do libro . Hoxe tocoulles aos padriños e madriñas de 6º e os afillados/as de 3º
A nosa proposta neste curso de poéticas diversas foi a seguinte:
1- Cada afillado/a, padriño / madriña escribe nun folio un poema . Sería moi bo que o poema fora inventado e escrito por eles mesmos , pero tamén se pode escoller un que lles guste e copialo .
2- O poema virá envolto de forma orixinal ( caixa, pergamino, cucurucho, frasco,...) e faremos un intercambio de agasallos entre padriños / madriñas e afillados/ as.
3- Unha vez que abran os respectivos agasallos , o padriño madriña lerá o poema que escribiu ao seu afillado/a e viceversa.
Trátase de que se fagan un agasallo que conteña poesía e o seu envoltorio sexa artístico ( outra maneira de percibir a poesía ) FOTOS , PINCHA PARA VER
Rematando coas actividades programadas con motivo do Día do libro , estamos a desenvolver durante esta semana a I FEIRA DO LIBRO USADO .Durante os recreos de hoxe, luns, e os vindeiros días , mércores e venres o alumnado está convidado a pasar pola Biblioteca e baixo o lema de " Dalle unha nova oportunidade" pode levar un libro gratuíto , tan só a cambio de escribir unha razón pola que escolle o libro . Así pretendemos que os libros procedentes do noso expurgo esta vez vaian ás casas do alumnado e tamén reflexionaremos sobre as razóns que temos para dar novas oportunidades aos libros.
Nesta primeira xornada de feirón , exitazo de visitas .
Un recurso educativo e lúdico , propio da infancia, faise imprescindible na Biblioteca. Hoxe xornada de xogos didácticos co alumnado de 2º para favorecer o desenvolvemento cognitivo, socio e psico-afectivo , así como tamén motriz.
Un recurso con moito potencial , facilitado por unha biblioteca cada máis creativa.
Para ir rematando coas actividades do Mes do libro , xa temos preparada a I edición da feira do libro usado , que ten como lema : " Dalle unha nova oportunidade" . O alumnado poderá levar o libro que queira a cambio de contarnos cal é a razón pola que lle vai dar unha nova oportunidade . Foron os axundantes de biblioteca de 6º curso os encargados de preparar de maneira entusiasta o feirón na biblioteca .
Moitas grazas